ASEXTRA e GALIPAD realizarán o primeiro Estudo Técnico sobre a maquinaria de movemento de terras e sistemas de seguridade

A Xunta de Galicia ven de aprobar a realización do primeiro “ESTUDO TÉCNICO SOBRE A MAQUINARIA DE MOVEMENTO DE TERRA EN RELACIÓN CON ASPECTOS CRÍTICOS (VIBRACIÓNS E GOLPES E ESMAGAMENTOS) EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS”, que realizará a Asociacion Provincial de Excavadoras e Transportistas de Pontevedra (ASEXTRA) en colaboración con Galipad Consulting SL.

Trátase de analizar o estado de toda a maquinaria relacionada cos traballos de movemento de terra e escavación, en referencia a uns aspectos específicos e críticos de cara á mellora da prevención de riscos laborais, ao afectar ás causas xeradoras por un lado de potenciais enfermidades profesionais con especial significación no sector, como a derivada da exposición a vibracións, e por outra lado de potenciais accidentes de traballo de potencial gravidade extrema (ata rexistrándose accidentes mortais), derivada de golpes e esmagamentos producidos polos equipos de traballo.

Por unha banda, en relación cos sistemas de seguridade (tanto a súa existencia, como mantemento e mellora) asociados co risco xerado polas vibracións. Por outra banda, en relación cos sistemas de seguridade (tamén tanto a súa existencia, mantemento e mellora) relacionados ante posibles fallos dos sistemas hidráulicos da maquinaria e cos riscos derivados por golpes e esmagamentos que a caída dos elementos móbiles da maquinaria ou mesmo a propia maquinaria pode producir nos traballadores.

O número de empresas visitadas e estudadas é do 100 % das que constitúen ASEXTRA, en torno a 20 empresas, analizándose toda a maquinaria existente en ditas empresas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s