A AE As Gándaras – Porriño asina un convenio con Galipad Consulting para impulsar a nova ISO 9001:2015

A Asociación de Empresarios de Porriño asina un convenio con Galipad Consulting para a implantación e adaptación da nova ISO 9001:2015 de calidade nas empresas do municipio

 A Asociación de Empresarios de Porriño e a consultora porriñesa Galipad Consulting SL veñen de asinar un convenio para favorecer a implantación ou actualización dos sistemas de xestión da calidade nas empresas de Porriño á nova versión ISO 9001:2015. A Asociación de Empresarios destacou a través do seu xerente, David Sobral, a importancia de apoiar a adaptación das empresas de Porriño ás novidades desta nova norma ISO 9001:2015, sobre sistemas de xestión da calidade, unha versión á que todas as empresas que teñan implantado un sistema de xestión da calidade deberán adaptarse nos dous próximos 2 años, entre as que se atopan empresas de gran relevancia no municipio porriñés. Este convenio pode axudar a levar a cabo esa actualización. “Apostar pola calidade” afirmou David Sobral, “é sen dúbida unha aposta por mellorar a competitividade do noso tecido empresarial”.

O director de Galipad Consulting, Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, pola súa parte explicou que o convenio servirá para asesorar e facilitar ás empresas a adaptación dos seus sistemas de xestión da calidade á nova norma que a Organización Internacional de Normalización (ISO) publicou o pasado mes de setembro de 2015, a ISO 9001:2015 de  Sistemas de Xestión da Calidade (SGC), que centra a súa atención en todolos elementos cos que unha empresa debe contar para ter un sistema efectivo que lle permita xestionar  e  mellorar,  cunha  visión  estratéxica,  as operacións e a calidade dos seus productos e servizos. Vaqueiro afirmou que a nova versión da norma “ se trata sen dúbida da revisión máis profunda da mesma que se ten levado a cabo nos seus máis de 25 años de existencia, polo que as compañías certificadas  baixo esta norma  deberán  acometer  importantes  adaptacións  nos seus  Sistemas  de Xestión de Calidade. Se estima que alrededor de 45.000 empresas de toda España están certificadas na ISO 9001, das cales casi 4.000 son empresas galegas, o que fai necesario para elas iniciar un proceso de adaptación a esta nova versión antes de finalizar o 2017.

O convenio asinado pola AE As Gándaras – Porriño e Galipad Consulting permitirá ás empresas acometer este proceso a un prezo moi competitivo e a través dunha empresa porriñesa con ampla experiencia na implantación deste tipo de normas, do cal se poderán beneficiar todas as empresas asociadas.

Para máis info, podes chamar ao teléfono 693407755 ou escribir ao correo asociacion@poligonoasgandaras.com

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s