FEGAPE E GALIPAD CLAUSURAN O PROXECTO NORMAINNOVA II COA PRESENZA DO IGAPE E DAS EMPRESAS

IMG_2152

Cinco empresas recibiron en O Porriño na mañá de hoxe o certificado que lles acredita na noma UNE 166002:2006 de Sistemas de Gestion do I+D+i da man da Federación Galega de Parques Empresariais e o IGAPE nun acto celebrado esta mañá no salón de actos de Centro de Iniciativas Empresariais da Granxa (CIE). O proxecto que o permitiu, a segunda edición do proxecto NORMAINNOVA, foi financiado polo programa INNOEMPRESA do IGAPE e con iso púidose reeditar. O proxecto foi executado pola consultora Galipad Consulting SL.

Normainnova II ten como obxetivo a implantación e certificación de Sistemas de Xestión da Innovación na empresa dacordo coa norma UNE 166002 de Sistemas de Xestión do I+D+i. O proxecto incluíu formación, implantación e certificación da norma e ten un gran interese non só por ser un sistema integrable coa norma de calidade ISO 9001, senón que aporta un procedemento de xestión da innovación na empresa, e permite acceder ás bonificacións fiscais que a súa implantación supoñen de acordo coa Lei de Economía Sostenible. A través de Normainnova, as empresas participantes recibiron o apoio necesario non só para implantar esta norma, senón tamén para impulsar a innovación nas súas empresas.

Ao acto asistiron o Secretario Xeral de FEGAPE, David Sobral Pidre, Miguel Fidalgo Igrexas, Técnico responsable de Programas do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), o Director Gerente de Galipad Consulting SL, Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, responsable dos procesos de implantación da norma de I D i nas empresas e os representantes das certificadoras EQA, Javier López, e de AENOR, Rebeca Domínguez.

No acto as empresas recibiron os distintivos que as acrerditan como empresas que alcanzaron a certificación e con iso, alcanzado a excelencia na xestión da innovación.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s