Coordinamos os eventos de Santiago e Oviedo da Campaña de promoción da Quella de ANAPA

IMG_1110 BubjKCyCYAAnRUv.jpg large

 As cidades de Santiago e Oviedo amosaron unha moi boa acollida á presentación da Quella, unha iniciativa da Asociación Nacional de Buques de Palangre de Altura (ANAPA), enmarcada dentro da “Primeira Campaña de Promoción de la Quella” organizada por Galipad Consulting, co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA) e o fondo europeo da pesca (FEP).

Os asistentes ós eventos puideron degustar a Quella, e levar de balde un recetario explicativo de diferentes preparacións da especie. A Quella (Prionace Glauca), é unha especie con alto valor nutricional e gastronómico, amen de ser unha especie capturada con artes sostibles de pesca como é o palangre. Este feito e a especial preocupación de ANAPA pola pesca sostible fan posible que a pesquería de Quella teña xa a preevaluación FSC, unha das máis importantes certificacións internacionáis de xestión sostible dos recursos naturais.

A campaña organizada por Galipad Consulting, que remata en Oporto o vindeiro 5 de Setembro, está a ter moi boa acollida en prensa e redes sociais a través da web www.conocelaquella.com e da conta twitter @conocelaquella.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s