Galipad executará os proxectos Normainnova II e Optimiza II para pemes galegas pertencentes a FEGAPE

Gestion-proyectos

 

 O Instituto Galego de Promociòn Económica (IGAPE) en colaboración coa Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), dentro do programa INNOEMPRESA, acaba de poñer en marcha dous proxectos no eido da Innovación e da Optimización de custes dos que poden beneficiarse as pemes que formen parte das entidades federadas de FEGAPE. Estes dous proxectos, NORMAINOVA II e OPTIMIZA II, executaranse neste ano 2014 asumindo a colaboración entre o IGAPE e FEGAPE o 90% do custo. A empresa seleccionada para a súa execución pola súa experiencia na xestión destes proxectos, foi Galipad Consulting.

NORMAINNOVA II (Díptico informativo do proxecto NORMAINNOVA Sistemas de I+D+i FEGAPE2014) ten como obxectivo a implantación e certificación de Sistemas de Xestión da Innovación na empresa pyme de acordo á Norma UNE 166002 de Sistemas de Xestión do I D i. O proxecto inclúe formación, implantación e certificación da mesma e ten un gran interese non só por ser un sistema integrable coa ISO 9001 e que aporta un procedemento de xestión da innovación na empresa, senón tamén polas bonificaciones fiscais que a súa implantación supón de acordo coa Lei de Economía Sostible.
Pola súa banda, OPTIMIZA II (Díptico informativo proxecto OPTIMIZA LEAN E KAIZEN FEGAPE 2014) ten como obxectivo a implantación na peme das técnicas LEAN MANUFACTURING e KAIZEN de optimización de custes na empresa. Un tema de moita actualidade polo seu impacto positivo nas contas de resultados anualmente.


Son dous programas de moito interese e cun custe moi pequeno para as pemes que formen parte dunha entidade asociada a FEGAPE (asociación empresarial, entidade urbanística de conservación, etc…). As pemes interesadas en participar tan só deberán pagar o 10% do custo do servizo que se lles prestará en o/os proxecto/s que lle interese/n (mínimo obligatorio polo IGAPE). Para ter a condición de beneficiario a empresa participante deberá acreditar a condición de PEME (facturar menos de 50 millóns de euros ó ano e ter menos de 250 traballadores)
Proxecto Custe por empresa (10% do custe total)
NORMAINNOVA (Sistemas de I+D+i) 1.200 euros
OPTIMIZA (Lean e Kaizen) 1.000 euros

As empresas intersadas en participar, tan só deben cubrir o cuestionario adxunto (Modelo participacion innoempresa) de adhesión ó proxecto de interés (excepto a parte final do mesmo) e remitírnoloa info@galipadconsulting.com

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s