Catro grandes empresas porriñesas (Lonza Biologics, Digafer, Cablerías Auto e Drogas Vigo) reciben da Xunta de Galicia o Diploma de Implantación do Estandar OHSAS 18001:2007 da man de Galipad

SONY DSC

O director xeral de Traballo e Economía Social da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá, entregou hoxe xunto con David Sobral Pidre, xerente da Asociación de Empresarios As Gándaras-Porriño, e Nicolás Vaqueiro Gradín, Director da Consultora Galipad Consulting SL, as distincións ás empresas participantes no proxecto de implantación do recoñecemento OSHAS dentro do proxecto OHSAS 2013

O Porriño (Pontevedra), 28 de novembro de 2013.- O director xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Odilo Martiñá, destacou hoxe a mañá nun encontro organizado pola Asociación de Empresarios de As Gándaras Porriño, que contra os riscos laborais “lóitase día a día”, polo que a existencia de empresarios concienciados “é unha garantía para que sigamos avanzando cara a unha auténtica cultura de prevención de riscos” que require a implicación de toda a sociedade, especialmente nestes tempos nos que “a crise económica non debe servir de pretexto para retroceder no camiño que xa temos avanzado”.

Odilo Martiñá entregou xunto a David Sobral Pidre, xerente da Asociación de Empresarios As Gándaras – Porriño, e Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, Director de Galipad Consulting S.L. hoxe as distincións ás empresas porriñesas participantes no proxecto de implantación do estandar OSHAS 18001:2007 no ámbito da prevención de riscos laborais, e lembrou que o Goberno galego mantén a súa aposta polo esforzo da prevención en todos os ámbitos. As empresas participantes nesta ocación, foron empresas do término municipal do Porriño (pertencentes á Asociación de Empresarios de As Gándaras) e de Cambados (pertencentes á Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés – Sete Pías). Entre as empresas porriñesas destacan Lonza Biologics, Cablerías Auto, Digafer e Drogas Vigo, todas elas empresas de gran importancia tanto laboral como económicamente.

Pola súa parte, David Sobral afirmou a importancia que ten nestes tempos que as empresas sigan apostando fortemente pola prevención de riscos laborais para garantir non só o cumprimento legal senon a procura de emrpresas más responsables e por tanto, máis competitivas. Sobral lembrou que gracias o proxecto OHSAS, dende o ano 2007, arredor de 70 empresas implantaron a norma OHSAS 18001:2007 mellorando notablemente a súa prevención de riscos laborais.

Pola súa parte, Nicolás Iván Vaqueiro, Director de Galipad Consulting SL, empresa que levou a cabo as tarefas de implantación do estandar OHSAS, destacou o compromiso das emrpesas participantes coa prenvención de riscos laborais e animou ás empresas galegas as completar o círculo da calidade, o medio ambiente e a innovación coa introducción dos sisstemas de xestión da prevención como é o estandar OHSAS.

O Proxecto OHSAS 2013 enmárcase dentro do paquete de accións de fomento da prevención de riscos laborais que a Consellería de Traballo e Benestar ven subvencionando dende fai anos a través da Orde de Subvencións para o fomento da PRL en Galicia, cumprindo neste ano 2013, a súa séptima edición, tendo como obxectivo a implantación do estandar OHSAS 18001:2007 de Sistemas de Xestión da Seguridade e Saude Laboral nas empresas galegas.

Reducir a siniestralidade, obxectivo da Xunta.

O total dos accidentes laborais rexistrados na Comunidade nos últimos catro anos descendeu en máis dun 53%. Estas cifras marcan un descenso sostido desde 2007, co que se cumpre o obxectivo de redución dun 25% marcado na estratexia comunitaria, que en Galicia acada o 33,28%. Non obstante, o obxectivo é reducir a cero as cifras, tendo en conta que a maioría de accidentes e enfermidades laborais son evitables. Neste sentido, o ISSGA presta o asesoramento técnico, formación e información respecto as novidades normativas e técnicas de especial interese no eido da prevención, ademais do obrigado seguimento o control nos centros de traballo. Entre as novidades destaca a simplificación dalgúns aspectos dos servizos de prevención cando a fai directamente o empresario ou o potenciamento dos servizos mancomunados.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s