GALIPAD CONSULTING
Facemos realidade as túas ideasGalipad Consulting presenta a Guía de apoio á exportación ós paises de lingua portuguesa
O director de Galipad Consulting, Nicolás Iván Vaqueiro Gradín, presentou no marco da presentación da campaña “Exportar en galego, a Guía de apoio á exportación ós paises de lingua portuguesa (clique aquí para poder acceder a ela) , unha guía que ten como obxectivo informar e aportar ó empresariado galego datos de interese sobre os paises de lingua portuguesa como ferramenta de apoio á exportación e internacionalización do empresariado galego ós paises de lingua portuguesa.
A Guía recopilou datos de Angola, Brasil, Cabo Verde, Guinea Bissau, Mozambique, Portugal, Sao Tomé e Príncipe ou Timor Leste, así como as excolonias de lingua portuguesa Goa e Macao e actualmente rexións da India e China.
O acto de presentación da guía realizouse no Poligono San Cibrao, en Ourense, e paraticiparon na mesa Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, David Sobral Pidre, secretario xeral da Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE), o cónsul honorario de Brasil en Galicia, D. Francisco Vispo Peiteado e unha nutrida representación de empresarios da zona interesados na iniciativa da Xunta e FEGAPE.
Galipad Consulting presenta xunto a Fegape e a Xunta de Galicia a Guía para exportación a países de lingua portuguesa
Galipad consulting presentará este venres, no marco da presentación da campaña “Exportar en galego” da Federación Galega de Parques Empresariais e a secretaría xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a Guía para a exportación a países de lingua portuguesa, un proxecto realizado por Galipad COnsulting que ten como obxectivo expoñer a realidade actual dos paises de lingua portuguesa co obxectivo de facilitar o primeiro contacto das empresas exportadoras galegas con estes paises.
O acto celebrarase este venres día 12 ás 11 horas na sede da asociación de empersarios de San Cibrao, en Ourense, e contará coa presentacia do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, do cónsul honorario de Brasil, o señor Jose Vispo Peiteado, o secretario xeral de FEGAPE, David Sobral, e o director de Galipad Consulting, Iván Vaqueiro.





